· Presentación · 1 min de lectura
Covelus Aerospace, ola, Web!
Primeiro artigo de Covelus Aerospace, unha empresa emerxente que levamos desenvolvendo desde o cuarto trimestre de 2023.

Covelus Aerospace
Somos un grupo de enxeñeiras, enxeñeiros e analistas de datos con experiencia en organizacións de prestixio que decidimos tomar as rendas das nosas vidas para dedicarnos á nosa paixón.
Queremos traballar en ámbitos que nos gustan, resolvendo problemas sociais e democratizando unha tecnoloxía accesible, para satisfacción da nosa clientela.
Levamos desenvolvendo a idea de empresa emerxente de Covelus Aerospace desde o cuarto trimestre de 2023 en modo discreto («stealth mode»), e esa fase xa rematou!
As nosas enxeñeiras, enxeñeiros e analistas de datos traballaron para:
- Grandes organizacións de investigación, como o CERN.
- Grandes axencias espaciais, como a Axencia Espacial Europea.
- Consultoras aeroespaciais.
- Consultoras de IA.
- Empresas emerxentes de IoT e big data.
- Grandes grupos agroindustriais, como Complex Agromars LLC.
- O sector dos medios de comunicación, como 1+1 Media.
- A I+D da automoción, como o CTAG.
- Pemes do ámbito agroforestal.
Ademais, teñen experiencia en:
- Proxectos locais e internacionais.
- Proxectos con socios.
- Equipos moi grandes e tamén traballo en solitario.
- Proxectos internos e externalizados.
- Ferramentas internas de apoio e tamén produtos comerciais listos para usar (COTS).
- I+D+i e tamén produción.
Estamos moi ocupados rematando os nosos prototipos: manterémolos informados!
Foto de portada: curuxa en voo de Brian Scott, con licenza CC BY-NC-ND 2.0, a través de Openverse.