Solucións · Software de estación de terra
Mission Control: planificador de misións para estación de terra
Unha interface unificada e centrada na persoa usuaria para planificar e analizar misións en plataformas UAS e UGV. Multiplataforma, multilingüe, configurable e lista para traballar sen conexión.

Funcionalidades clave
Deseñe misións, non listas de puntos de paso
Planificación de misións
Asocie puntos de paso, ou a navegación entre eles, a tarefas que realiza o robot.
Compatibilidade con varios robots
Coordine frotas cunha priorización dinámica das tarefas.
Mapas en liña e sen conexión
OpenStreetMap e outros, incluídos provedores na nube, coa opción de executar misións sen internet.
Observabilidade
Execute os algoritmos de planificación de traxectorias dos robots mentres deseña a misión e saiba que esperar (aínda que os cambios externos poden alterar o resultado).
Multilingüe e configurable
Varios idiomas de interface, modos claro e escuro, e opcións configurables.
Independente do hardware
Funciona con calquera robot compatible con MAVLink que use PX4 ou ArduPilot.
Especificacións técnicas
Por dentro
Plataformas
Escritorio en GNU/Linux, macOS e Windows. Ampliable a Android, iOS e á web.
Tecnoloxías
Kotlin Compose Multiplatform e Python, cunha base de datos SQLite.
Protocolos
MAVLink (PX4/ArduPilot).
Folla de ruta
Proximamente
Seguridade
Control de acceso baseado en roles (RBAC) e cifrado de extremo a extremo.
API aberta
Integracións con terceiros e con robots feitos á medida.
Análise posmisión
Recollida e análise de datos despois de cada misión. Saber máis.
Implantado en proxectos piloto
Probado con cooperativas agrícolas europeas. Solicítenos unha demostración.